CITIC

CONSELLO REITOR

O Consello Reitor é o órgano superior do goberno do CITIC. Algunhas das competencias máis relevantes do Consello Reitor son aprobar o programa xeral de actividades do centro, aprobar o seu plan estratéxico e o seu orzamento, así como articular programas que reciban achegas do sector público e do sector privado. 

Presidente

Reitor da Universidade da Coruña desde 2024. Foi galardoado co Premio Nacional de Estatística (2023) e a Medalla de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias (2023). Licenciado en Matemáticas (1988) con Premio Extraordinario e 1.º Premio Nacional de Licenciatura e Doutor en Matemáticas (1990) con Premio Extraordinario de Doutoramento.

Vogal 

Actual secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia. Profesor titular de universidade da área de Organización de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela. Foi decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC no Campus de Lugo. 

Vogal 

Alcaldesa do Concello da Coruña, licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Formou parte do Claustro da UDC, participando na comisión redactora dos Estatutos e foi membro do seu Consello de Goberno. Antes de tomar posesión como concelleira e ser a primeira alcadesa da cidade, dedicou a súa vida profesional ao exercicio da avogacía. 

Vogal 

Vicerreitor de Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña. É enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos e doutor pola Universidade Politécnica de Cataluña. Profesor da UDC desde 1994 e Catedrático de Universidade desde 2003. É vicepresidente do capítulo español da Asociación Internacional de Investigación Hidráulica (IAHR). 

Vogal

Catedrático da Universidade da Coruña na área de Ciencias da Computación e Intelixencia artificial. Desenvolveu a súa investigación na visión artificial enfocada ao campo clínico. É fundador do Grupo de Investigación de Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns, grupo de excelencia por parte da Xunta de Galicia (VARPA), membro do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e responsable da área de procesado de imaxe médica. 

Secretario

Subdirector do CITIC e titular de universidade da área de Radioloxía e Medicina Física da Universidade da Coruña. Coordinador do grupo de investigación Tecnoloxía Aplicada á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde (TALIONIS). É tamén coordinador do Máster Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde da UDC e director da Cátedra Handytronic-Grupo Telecon da UDC. 

Vogal 

Secretaria xeral do equipo reitoral da Universidade da Coruña. É licenciada en Dereito, doutora en Dereito con Premio Extraordinario e catedrática de Dereito Administrativo. Exerceu como Maxistrada Suplente no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia entre 2011 e 2014 e foi Directora dos Servizos Xurídicos co Concello da Coruña entre 2015 e 2019.