CITIC

COMITÉ DE DIRECCIÓN

É o órgano colexiado e executivo do CITIC encargado de deliberar e acordar decisións sobre o funcionamento do centro en materia de política científica, estratexia, investigación, transferencia e infraestruturas, entre outras. Está formado por el secretario xeral de Universidades de la Xunta de la Galicia, el vicerrector del Política Científica, Investigación y Transferencia de la UDC, el director y el subdirector del CITIC, un miembro del personal de gestión del centro y cinco investigadores permanentes del CITIC.

Presidente do Comité de Dirección

Vicerreitor del Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC. É catedrático da área de Estatística e Investigación Operativa da UDC e membro do grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estadística (MODES). Na actualidade, como vicerreitor, é presidente da Fundación CITIC de Galicia, de Bugalicia e do Instituto de Matemática Industrial (ITMATI).

Vicepresidente do Comité de Dirección

Director do CITIC e catedrático de universidade da área de Ciencia da Computacion e Intelixencia Artificial da UDC. É coordinador do grupo de investigación de Visión Artificial e Recoñecemento de Padróns (VARPA). Así mesmo, forma parte do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), onde é responsable das áreas de Procesamento de Imaxe e Ví­deo. 

Secretario do Comité de Dirección

Subdirector do CITIC e titular de universidade da área de Radioloxí­a e Medicina Fí­sica da UDC. Docente e investigador no ámbito da informática médica e a tecnoloxí­a aplicada á discapacidade. É coordinador do Máster Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde da UDC  e director da Cátedra de empresa Handytronic Grupo Telecon-UDC.  

Vogal do Comité de Dirección

Actual secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia. Profesor titular de universidade da área de Organización de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela. Foi decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC no campus de Lugo.

Vogal do Comité de Dirección

Catedrática de universidade da área de Linguaxes e Sistemas Informáticos da UDC. É coordinadora do grupo de investigación Laboratorio de Bases de Datos (LBD). Desenvolve a súa actividade de investigación sobre estruturas de datos compactas e algoritmos, recuperación de textos, procesamento de secuencias e deseño de sistemas de información. Á súa experiencia como docente e investigadora cómpre engadir a relacionada coa xestión universitaria en distintos cargos da UDC.

Vogal do Comité de Dirección

Titular de universidade da Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial e coordinadora do grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos da UDC. Pertence ao grupo de investigación Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA). As súas liñas de investigación céntranse en sistemas baseados en coñecemento, metodoloxí­as de desenvolvemento e validación de sistemas baseados en coñecemento e aprendizaxe computacional: aplicacións e desenvolvemento de algoritmos de aprendizaxe Big Data Learning.

Vogal do Comité de Dirección

Catedrático da área de Teoría do Sinal e Comunicacións da UDC. Coordinador do Grupo de Tecnoloxí­a Electrónica e Comunicacións (GTEC) da UDC. A súa experiencia investigadora céntrase nas áreas do procesamento do sinal e a teoría da información en sistemas de comunicacións sen fíos; así como da prototipaxe de equipos terminais de comunicacións sen fíos.

Vogal do Comité de Dirección

Catedrático de universidade da área de Estadística e Investigación Operativa da UDC. É coordinador do grupo Modelización, Optimización e Inferencia Estadística (MODES). As súas liñas de investigación comprenden a estadí­stica non paramétrica, o bootstrap, a análise de supervivencia, a análise de datos funcionais, a análise estadística de datos de gran volume (big data), a análise de datos dependentes, a verosimilitude empí­rica e a modelización estadística en ciencia dos materiais, en risco de crédito, en xenómica, en neurociencia e en malherboloxía.

Vogal do Comité de Dirección

Catedrático de universidade da área de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadoras da UDC. É coordinador do Grupo de Arquitectura de Computadoras (GAC). A súas liñas de investigación abranguen a computación de altas prestacións, a computación paralela e distribuída, a computación na nube (cloud computing) e big data e os sistemas de información xeográfica.