CITIC

A PROTECCIÓN DO SOFTWARE. DEREITOS DE AUTOR E PATENTES

27/02/2019 a las 09:30:00 horas
Lugar: Sala Cloud do CITIC. Campus de Elviña s/n

 

O 27 de febreiro a sala Cloud do CITIC acollerá a xornada informativa «A protección do software. Dereitos de autor e patentes», organizada pola OTRI da UDC xunto co CITIC, en colaboración coa Oficina Española de Patentes e Marcas.

Os principais obxectivos desta xornada son dar a coñecer as posibilidades de protección do software dende un punto de vista legal e estratéxico e impulsar o uso da información de patentes no mundo universitario.

A irrupción das novas tecnoloxías nos mercados tradicionais supón un cambio substancial, onde o software configúrase como o activo de numerosos negocios dixitais. Por outra banda, a protección dos coñecementos xurdidos da investigación é cada vez máis valorada (resultados transferibles ás empresas, sexenios de investigación, etc.), polo que esta xornada pode ser unha referencia á hora de definir as estratexias de actuación dos grupos de investigación da UDC.

A xornada está dirixida a investigadores do CITIC, membros da comunidade universitaria e empresas colaboradoras. 

A inscrición é gratuita e pode formalizarse ata o 25 de febreiro ás 14:00 horas a través do seguinte formulario.

Máis información da xornada, nesta ligazón.

PROGRAMA

09.30 h. – 09.45 h. Recepción de asistentes
 
09.45 h. – 10.00 h. Presentación da Xornada
Salvador Naya Fernández. Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC
Manuel González Penedo. Director CITIC
José Mahía Saavedra. Director Científico-Técnico OTRI-UDC
 
10.00 h. – 11.15 h.  Patentabilidade e actividade inventiva de invencións TIC
Juan Manuel Vázquez Burgos. Área de Exame de Patentes Físicas e Eléctricas da Oficina Española de Patentes e Marcas 
  • O software como obxecto de protección: dereitos de autor e patentes.
  • A protección como patente: límites establecidos pola lei 24/2015.
  • Interpretación da expresión «como tal” nos programas de computador e outras excepcións de patentabilidade.
  • O procedemento de concesión na Lei 24/2015.
  • Apreciación da actividade inventiva: método MPS.
  • Identificación de características técnicas: exemplos e recomendacións.
  • Reivindicacións do tipo medios + función.
  • Reivindicacións relativas a contornas distribuídas.
  • Novas directrices de exame de solicitudes de patente na OEPM.
  • Outros servizos de interese da OEPM.
  • DESCARGAR RELATORIO
11.15 h. – 11.30 h. Foro aberto de preguntas  
 
11.30 h. – 11.45 h.  Pausa Café
 
11.45 h. – 13.00 h. A «protección” dos programas de computador
Carles Comes Federico. ZBM Patentes y Marcas
  • Propiedade Intelectual, Depósito Notarial, Creative Commons, Software Libre, Segredo Industrial…
  • Patentes de Invencións que involucran programas de computador:
    • Práctica da Oficina Europea de Patents (EPO).
    • Práctica da Oficina Estadounidense de Patentes e Marcas (USPTO).
  • DESCARGAR RELATORIO
13.00 h – 13.15 h. Servizos de apoio na UDC para a Protección de Resultados de Investigación
María Isabel Docampo Ramos. Responsable área de Protección de Resultados OTRI-UDC
 
 
13.15 h. – 13.45 h.  Foro aberto de preguntas. Clausura