CITIC

David Lago, del IES Pedro Floriani de Redondela, 3º clasificado y medalla de oro en la Olimpiada Informática Española

07/04/2025 - CITIC
  • Competirá este verán acompañado do gañador do certame, o catalán Ricardo Batanero, e de Andrii Basov e Eulàlia Gaya. 
  • A olimpíada celebrouse esta fin de semana na Facultade de Informática da UDC, organizada pola Universidade da Coruña e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
  • O CITIC da UDC foi un dos patrocinadores deste certame, como proba do seu compromiso polo fomento das vocacións científicas.

A Coruña, 7 de abril de 2025.- A Facultade de Informática da UDC acolleu esta fin de semana a XXIX edición da Olimpíada Informática Española (OIE), unha competición de programación algorítmica destinada a estudantado de ESO e Bacharelato de toda España, que ten como obxectivo fomentar o talento en informática e a resolución de problemas computacionais.

Tras anos realizándose en Madrid, a celebración desta olimpíada pasou a ser rotatoria na pasada edición, estreando este ano unha novidade máis, que é a ampliación de estancia por parte das persoas participantes na cidade anfitrioa.

En total, foron un total de 41 participantes (36 mozos e 4 mozas), seleccionados nas súas olimpíadas rexionais e nun clasificatorio aberto. Galicia contou con dúas persoas seleccionadas.  

O Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes outorgou premios económicos aos 10 primeiros clasificados e ás dúas mulleres mellor clasificadas. O estudandato que obtivo unha dotación de 1.000 euros foi o clasificado en primeiro, segundo e terceiro posto. Os estudantes que obtiveron 750 euros de dotación foron os clasificados na cuarta, quinta e sexta posición; e os clasificados na sétima, oitava, novena e décima posición recibiron 500 euros.

O acto de entrega de premios contou coa asistencia de Ricardo Cao, reitor da UDC; María Belén González, asesora técnico docente do Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deporte; Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e do Consejo General de Ingenieros de Informática de España; e Marco Antonio Gómez, membro do Comité Permanente da OIE.

Gañadores da OIE

Medalla de ouro:

  • 1º clasificado: Ricardo Batanero Moranchel (Cataluña): 1.000 euros
  • 2º clasificado: Andrii Basov (Cataluña): 1.000 euros
  • 3º clasificado: David Lago Alonso: 1.000 euros
  • 4ª clasificada: Eulàlia Gaya Bretones (Cataluña): 750 euros + 1.000 euros (premio para as mellores participantes femininas)

Medalla de prata:

  • 5º clasificado: Marc Bru Montoya: 750 euros
  • 6º clasificado: Rodrigo Nieto Petinal: 750 euros
  • 7º clasificado: Guillem Vizcarro Sánchez Del Valle: 500 euros
  • 8º clasificado: Héctor Verdeal Rodríguez: 500 euros

Medalla de bronce:

  • 9ª clasificada: Ariadna Franch Pérez: 500 euros + 1.000 euros (premio para as mellores participantes femininas incluído)
  • 10º clasificado: Daniel García Carretero: 500 euros
  • 11º clasificado: Pablo Madueño Vega
  • 12º clasificado: Jaime Martínez Torrente

Os catro primeiros clasificados (medallas de ouro) compoñerán a delegación española que participará na Olimpíada Informática Internacional, que se celebrará do 27 de xullo ao 3 de agosto en La Paz (Bolivia).

A OIE 2025 contou co patrocinio da Conferencia de Directores y Decanos de Ingeniería Informática (CODDII), a Aula Escola Europea, a Sociedad Científica Informática de España (SCIE), o Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes, o Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería Informática (CCII), o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC), Turismo de Galicia, a Cátedra Aldaba WIB, Bahía Software, o Clúster TIC, Crowdstrike, DXC, Gadis e NTT Data, e conta coa colaboración da Deputación da Coruña e Turismo da Coruña.

A Olimpíada Informática Española de 2026 celebrarase na Universidade de Valladolid.