CITIC

Novo programa de financiamento do I+D da Xunta para Pemes: Conecta PEMES

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) convoca unha nova acción de apoio a proxectos de I+D similar o programa Innterconecta, pero dirixido a consorciados entre PEMES e centros de coñecemento cunha dotación orzamentaria de 13,8M€ para o ano 2013, haberá unha reserva orzamentaria mínima de 4 millóns de euros para centros tecnolóxicos e de investigación.

As principais características do novo programa Conecta PEMES:

  • Consorcios de entre 3 e 6 PEMES galegas; alomenos un dos socios debe ser pequena empresa
  • Os consorcios non terán un líder (principio de solidariedade entre os membros do consorcio) ainda que elexirán un representante que se ocupe da interlocución coa Administración (solicitudes, xustificacións e xestións)
  • Orzamento total mínimo de 600.000€, sendo o orzamento mínimo por empresa de 75.000€
  • Subcontratación obrigatoria a centros de coñecemento de entre un 15% e un 25% do total do proxecto. A subcontratación dos centros de coñecemento debe suponer como mínimo o 15% do custo total do proxecto.
  • Subcontratación máxima dun 50% do proxecto, contando coa subcontratación a centros de coñecemento
  • Intensidade da axuda segundo a tipoloxía de proxecto e as características da empresa:
    • En investigación industrial: 80% para pequenas empresas e 75% para medianas
    • En desenvolvemento experimental: 60% en pequenas empresas e 50% en medianas
  • A convocatoria está prevista para finais de agosoto ou principios de setembro
  • A duración dos proxectos extenderase ata o 30 de xuño de 2015 (data final da última xustificación)
  • A presentación da axuda será exclusivamente telemática

Lembrámoslles que o Centro Tecnolóxico CITIC participa actualmente en 2 Innterconectas do ano 2012 e recentemente 6 proxectos foros seleccionados para o Innterconecta 2013.

Si desexa realizar un proxectos de I D con aplicacións TIC en colaboracion co CITIC, por favor, non dubide en poñerse en contacto connosco ao telefono 981 167000 (ext 55003) ou ao mail: proxectos.idi@citic-research.org