CITIC

Redacción de solicitudes de patentes, 2 e 3 de outubro 2013

02/10/2013 a las 09:30:00 horas
Lugar: Salón de actos do Edificio de Servizos Centrais de Investigación, Campus de Elviña

Objetivo del AULA DE INNOVACION Y TRANSFERENCIA
Con el objetivo de facilitar a los investigadores de la Universidad de la Coruña el conocimiento sobre los diferentes aspectos y mecanismos de colaboración y de transferencia de los resultados de su investigación a las empresas, se ha organizado un programa completo de formación específica sobre diferentes aspectos relacionados con la transferencia denominado AULA DE INNOVACION Y TRANSFERENCIA, coordinado por el Vicerrectorado de Investigación de la UDC, la OTRI, la Fundación FUAC, el Centro de investigación CITIC y el Consello Social.

Este programa está formado por 15 cursos en 4 bloques temáticos enfocados a:

  •     INTRODUCIÓN Á COLABORACIÓN UNIVERSIDADE- EMPRESA (junio y julio 2013)
  •     PROTECCIÓN DE RESULTADOS DE INVESTIGACIÓN: PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL (setembro e outubro 2013)
  •     ACCESO A PROXECTOS INTERNACIONAIS (novembro 2013)
  •     CREACIÓN DE EMPRESAS DESDE AS UNIVERSIDADES (xaneiro 2014)


OBJETIVO DEL CURSO
Dentro del segundo bloque temático centrado en la PROTECCIÓN DE RESULTADOS DE INVESTIGACIÓN: PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL se ha considerado importante:

  • Proporcionar formación sobre a estrutura da solicitude e cuestións formais sobre a presentación das patentes
  • Proporcionar formación sobre a redacción dos diferentes apartados da solicitude de patente

 
Público obxectivo
Este curso está dirixido a persoal investigador da Universidade da Coruña.

METODOLOGIA
Acción formativa de 16 horas de duración combinando cuestións teóricas con análise de casos prácticos. Fomentarase a interacción e participación activa dos asistentes. Entregarase copia da documentación do curso.
Temario

1.- Estrutura da solicitude e cuestións formais sobre a súa presentación

  •     Partes dunha solicitude de patente.
  •     Normas xerais para presentar a solicitude.
  •     Elaboración dun arquivo-plantilla para controlar marxes, paxinación, espazado, numeración de liñas, tipo de letra, etc.
  •     Formato particular para solicitude electrónica na OEPM.
  •     Confección de debuxos e erros máis frecuentes.
  •     Listados de secuencias: software PatentIn e BISSAP.
  •     Exercicio de reordenación de fragmentos dunha solicitude sobre pasta tipo spaghetti.

2.- Redacción da descrición detallada (exemplos, realizacións particulares)

  •     Evitando os erros típicos dos inventores.
  •     Materiais de partida (p. ex. manuscritos de artigos para publicar). Elección da terminoloxía.
  •     Delimitación dos límites de non-funcionamento.
  •     Redacción de exemplos ou realizacións (embodiments) particulares, reais (en pasado), ou «sobre o papel» (en presente).
  •     Distribución e reproducibilidade dos exemplos.

3.- Redacción da explicación xeral da invención

  •     Xeneralizar con fundamento para soportar todo o ámbito reivindicado, baixo o principio xeral de que o reivindicado debe estar acorde co descrito.
  •     Que non se pode -ou non se debe- incluír na descrición.
  •     Manter flexible a definición da invención. Non dar a entender que un elemento é «esencial» se non se quere estar obrigado a poñelo como limitación nas reivindicacións independentes.
  •     Esquema típico de descrición en electromecánica: estrutura, funcionamento, fabricación, vantaxes e variantes

4.- Consideracións xerais sobre linguaxe e claridade

  •     A claridade como principal habilidade do redactor. A aproximación KISS (Keep It Short and Simple). Ser claro, sen resultar farragoso nin prolixo. Redactar en linguaxe sinxela, coa terminoloxía e a simboloxía habituais.
  •     Ser absolutamente coherente: un mesmo elemento se designa sempre cun único nome (ou acrónimo) e cun único número (se procede).
  •     «Inventar nova terminoloxía» se convén.
  •     Exemplos de falta de claridade

5.- Redacción do resto da descrición

  •     Usar títulos que non sexan «demasiado» descritivos.
  •     O campo da técnica. A parte do estado da técnica (background art) como educación dos potenciais lectores e como preparación de argumentos de actividade inventiva (p. ex. sinalando limitacións, inconvenientes ou prexuízos que son superados pola invención).
  •     Redacción do resto da explicación xeral (summary) e do resumo (abstracts).
  •     Procurar suficiencia de descrición e soporte para todas as reivindicacións.
  •     Mencionar vantaxes reais, sen facer afirmacións desprezativas.
  •     Rangos (ranges) e fórmulas xerais.
  •     O resumo
  •     Exemplo: glicoproteína para protección de liposomas.


6.- Categorías de reivindicacións. Formato estándar e formato en dúas partes 

  •     Reivindicacións. de entity (product, apparatus) e de activity (preparation process, use) na EPO.
  •     Reivindicacións de machine, article of manufacture, composition of matter, process/method of making, and process/method of using en US.
  •     Exercicio de redacción dunha reivindicación con formato estándar.
  •     Exercicio de redacción dunha reivindicación con formato en-dous-partes.
  •     Elementos estruturais, funcionais, intencionais e paramétricos.
  •     Elementos definidos como medios-para-unha-función.

7.- Reivindicacións dependentes e a súa interpretación nas análises de validez e infracción.

  •     Concepto de reivindicación dependente. Reivindicacións. con dependencia simple. Grupos e liñas de dependencia.
  •     Referencias, simples ou múltiples, para a redacción de reivindicacións non-dependentes.
  •     Reivindicacións con dependencias múltiples: reivindicacións formais e efectivas; limitacións ao uso de reivindicacións múltiples en US.
  •     Control dos custos asociados a reivindicacións na EPO e na USPTO.
  •     Exercicios de identificación de reivindicacións efectivas e grupos de dependencia (patentes de sildenafilo e de acadesina).
  •     Simplificación da análise de validez e da análise de infracción en reivindicacións con grupos de dependencias.

8.- Metodoloxía para redactar reivindicacións independentes

  1.     Detectar a invención
  2.     identificar o elemento novo
  3.     seleccionar a categoría da reivindicación
  4.     escoller o seu preámbulo, nome ou suxeito
  5.     chequear a súa validez (é nova? temos algún argumento para xustificar a súa actividade inventiva? é un mero desiderátum?)
  6.     chequear a súa infracción (ten algún elemento ou palabra demasiado limitante? protexe o que se fabrica ou vende? é autosuficiente?).

9.- Metodoloxía para redactar reivindicacións dependentes

  •     Xerarquizar a importancia técnica e comercial dos elementos.
  •     Partir dunha reivindicación ampla, e progresivamente engadir elementos ou seleccionar elementos máis estreitos, como perfeccionamentos.
  •     Partir dunha reivindicación específica para o mellor prototipo dispoñible, e progresivamente eliminar-xeneralizar-combinar os seus elementos.
  •     Exemplo das tesoiras.

10.- Algúns tipos especiais de reivindicacións

  •     Reivindicacións con «para» (purpose-limited product claims).
  •     Reivindicacións de produtos definidos por parámetros.
  •     Reivindicacións de uso.
  •     A 1ª e 2ª indicación terapéutica como excepcións.
  •     Reivindicacións de method of treatment en US.
  •     Reivindicacións de procedemento de obtención, que cheguen a obter o produto comercial e que teñan o mínimo número de pasos na reivindicación independente (exemplo da 2ª patente de simvastatina).

    
PONENTE
O profesor Pascual M. Segura Cámara, licenciado en ciencias químicas pola Univ. de Valencia, doutor en química por la UB con Premio Extraordinario, investigador postdoutoral na Univ. de California, e axente da propiedade industrial. Traballou na UB como profesor titular de química orgánica e, desde 1987 é delegado do Reitor como director-fundador do Centre de Patents. Organizou a maior parte dos cursos realizados en España para formación de profesionais de patentes, normalmente en colaboración coa OEPM e a EPO. Como profesor invitado, impartiu cursos doutras universidades e escolas de negocios (Magister Lvcentinvs de la Univ. de Alicante, Masters IP&IT y Innovation & Entrepreneurship de ESADE, Master I+D de Medicamentos de la Univ. de Navarra, Master in the Economics of Science and Innovation de la Barcelona Graduate School of Economics, etc.). Publicou numerosos artigos sobre patentes, tanto de divulgación como especializados en cuestións de patentabilidade e infracción. Participa nos principais foros e asociacións sobre o tema. É experto en cuestións prácticas e xurídicas sobre patentes químicas, farmacéuticas e biotecnolóxicas, e actúa como perito nos tribunais. É o fundador e presidente da sección técnica Patentes do Colegio Oficial de Químicos de Cataluña, no que tamén é vicedecano. A proposta da OEPM foi un dos catro membros electos do primeiro Academic Advisory Board da European Patent Academy da EPO.

HORARIO Y LUGAR
2 e 3 de outubro 2013, de 9:30 h. a 14:00 h e de 16:00h a 19:30 h
Salón de actos do Edificio de Servizos Centrais de Investigación, Campus de Elviña.
 
INSCRIPCIÓN
Matrícula gratuíta. O prazo de inscrición de cada curso estará aberto ata o día anterior á súa realización.
Para formalizar a inscrición deberase acceder ao seguinte enlace. No boletín de inscrición deberase indicarse o grupo de investigación ao que pertence.Persona de contacto para a inscripción: Silvia Sánchez (mail:sisanchez@udc.es, extensión 4458.

Inscricións por orde de chegada. Priorizarase a inscrición dunha persoa por cada grupo de investigación da UDC.


Acreditación
Recoñecemento a efectos de acreditación dentro dos programas de formación docente.