CITIC

Talentos Inclusivos pecha a súa III edición cunha feira científica cos traballos desenvoltos por centros escolares da Coruña e Ourense

16/06/2023 - CITIC
  • Dez centros da provincia coruñesa e por primeira vez un da ourensá abordaron este curso 2022-2023 a proposta de solucións tecnolóxicas a unha serie de retos de persoas con parálise cerebral.
  • O programa é un proxecto do CITIC da UDC e ASPACE Coruña e conta co apoio do Consello Social da UDC, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña.
  • O seu obxectivo é espertar vocacións STEM entre os mozos e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos expostos por persoas con parálise cerebral.

 

A Coruña,  16 de xuño de 2023.- O programa Talentos Inclusivos celebrou este venres na Domus de A Coruña o peche da súa terceira edición, correspondente ao curso 2022-2023,  cunha feira científica na que se expuxeron os proxectos desenvolvidos polos dez centros educativos participantes, da provincia da Coruña e, por primeira vez, de Ourense. No acto participou a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da UDC, María Jesús Movilla Fernández, quen  agradeceua confianza depositada na Universidade da Coruña por parte de todas las institucións implicadas (Consello Social da UDC, Concello de A Coruña, Xunta de Galicia y FECYT) para a realización de este tipo de proxectos que, sen dúbida, enriquecen a todas as partes implicadas” e resaltou o “esforzo e a dedicación do profesorado e dos investigadores e investigadoras d0 CITIC”. Na mesma liña, Carmen Barreiro Santos, presidenta de ASPACE Coruña,  destacou o feito de que “para nós é moi importante este proxecto porque mellora a calidade de vida dos nosos usuarios e usuarias, dedicando moita ilusión e moito traballo”.

Pola súa banda, Manuel F. González Penedo, director do CITIC, salientou que: “este ano demos un paso máis, ampliando o proxecto a institutos de toda Galicia. Talentos Inclusivos é un proxecto único, non só na nosa comunidade, senón en toda España  e todos os anos superamos as expectativas facendo chegar a tecnoloxía a un sector que moitas veces é o gran esquecido neste ámbito”.

Entre os proxectos desenvolvidos nesta terceira edición puideron verse exemplos de retos como videoxogos clásicos para utilizar en terapias de rehabilitación, bingos adaptados, mesas sensoriais ou diferentes adecuacións de boquillas para pintar ou 3D de premedores dos cabezais das cadeira de rodas.

Durante a celebración da feira tivo lugar ademais unha xincana que consistiu en responder unha pregunta sobre cada expositor. Entre participantes con máis respostas correctas realizouse un sorteo. O gañador do sorteo recibiu como premio unha impresora 3D.

O programa

O proxecto Talentos Inclusivos é un programa que ten o dobre obxectivo de fomentar as vocacións TIC entre o alumnado e dar visibilidade á discapacidade. Arredor de 200 estudantes de secundaria participaron nesta terceira edición.  

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información da UDC  xunto con ASPACE Coruña promove este proxecto colaborativo que conta co apoio do Consello Social da Universidade, a FECYT do Ministerio de Ciencia, o Concello da Coruña e a Xunta de Galicia. Precisamente, o convenio asinado recentemente coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta  propiciou que o programa Talentos Inclusivos se estendese a centros educativos de toda Galicia coa participación do Colexio Carmelitas de Ourense, xa que anteriormente estaba centralizado na provincia da Coruña.