CITIC
COCEMFE

A coordinadora de COCEMFE Castilla y León, Asunción Elorduy, visita o CITIC

23/07/2021 – CITIC

Esta semana, a coordinadora da Confederación de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE) de Castilla y León, Asunción Elorduy, visitou o CITIC. Elorduy mantivo unha reunión cos investigadores Thais Pousada e Manuel Lagos e, posteriormente, testeou os desenvolvementos nos que se está traballando no centro sobre contornas de realidade virtual. En concreto, puido comprobar os avances no deseño e dinamización de escenarios virtuais para a rehabilitación e intervención con persoas  con diversidade funcional, unha das liñas con maior proxección do CITIC.

Así, coa visita establécense novos lazos de colaboración entre COCEMFE e o CITIC para seguir avanzando nos procesos da tecnoloxía aplicada á contorna social a través de entidades que traballan a favor das persoas con discapacidade.