O delegado territorial da Xunta e o xefe territorial de Educación interésanse polos avances do proxecto Talentos Inclusivos
O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor López, e o xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para a provincia da Coruña, Indalecio Cabana Leira, visitaron a sede de ASPACE Coruña para interesarse polo avance do proxecto.
O proxecto Talentos Inclusivos está desenvolvido polo CITIC da UDC, ASPACE Coruña e o Consello Social da UDC.