O CITIC da UDC aporta Intelixencia Artificial nun proxecto para mellorar o diagnóstico oftalmolóxico liderado por Telefónica
O proxecto Ocuexplorer 5G desenvolveu unha ferramenta de tele-oftalmoloxía que pon ao alcance de toda a poboación un servizo avanzado de coidado oftalmolóxico. No proxecto colaboran Telefónica, o Centro Internacional de Oftalmoloxía Avanzada Prof. Fernández Vigo, Nokia, Idronia e o CITIC.