Un proxecto de investigación coordinado polo CITIC da UDC desenvolve aplicacións para mellorar a xestión da mobilidade das empresas
O proxecto GEMA (GEstión de la MovilidAd), liderado polo Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña, logrou desenvolver tres aplicacións funcionais destinadas a mellorar a xestión da mobilidade dos traballadores, así como unha ferramenta capaz de automatizar a creación de novas aplicacións de mobilidade. Así o expuxo a coordinadora xeral do proxecto, a investigadora do CITIC Nieves R. Brisaboa, no acto de presentación de resultados que tivo lugar esta mañá no centro.