CITIC

COMITÉ ASESOR EXTERNO

O Comité Asesor Externo (Scientific Advisory Board, SAB) é un órgano consultivo externo formado por científicos de especial relevancia a nivel internacional nas principais áreas de coñecemento do CITIC. Designado polo Comité de Dirección co asesoramento do Comité Científico, o seu principal obxectivo é o de proporcionar asesoramento na avaliación dos programas de investigación do centro, as súas políticas científicas e o seu progreso no medio plazo.

Francisco Tirado Fernández

Presidente

Catedrático de Arquitectura e Tecnoloxías de Computadores no departamento de Arquitectura de Computadores e Automática da Universidade Complutense de Madrid. Entre os cargos que desempeñou destacan: coordinador da ANEP e xestor do Plan Nacional de I+D, vicerreitor de Investigación e director do Centro de Supercomputación da Universidade Complutense de Madrid e director do Parque Científico de Madrid.

Petia Radeva

Secretaria

Experta no campo do procesado de imaxe e intelixencia artificial. Catedrática do departamento de Matemáticas e Informática da Universidade de Barcelona, directora do grupo de investigación “Visión por Computador e Aprendizaxe Automática”, coordinadora do Laboratorio de Computación Percepcional (BCNPCL) da Universidade de Barcelona e directora do Laboratorio de Imaxe Médica (MILab) do Centro de Visión Computacional.

Lourdes de Agapito Vicente

Vocal

Lourdes de Agapito Vicente é catedrática de Visión 3D no departamento de informática da University College London (UCL), onde dirixe un grupo de investigación centrado na comprensión de escenas dinámicas 3D a partir de vídeo. Lourdes de Agapito é membro electo do Comité Executivo da British Machine Vision Association. Ademais, é cofundadora da empresa de software Synthesia.

Antonio Bahamonde Rionda

Vogal

Catedrático da Universidade de Oviedo da área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial. A súa actividade investigadora centrouse na aprendizaxe automática. Ocupou diversos cargos de xestión en asociacións científicas e foi presidente da Asociación Española para a Intelixencia Artificial (AEPIA) e vicepresidente da Sociedade Científica Informática de España (SCIE). Actualmente é coordinador da ANEP da área de Ciencias da Computación e Tecnoloxía Informática. 

Javier Díaz Brugera

Vogal

Catedrático de Computación da Universidade de Santiago de Compostela e responsable de enxeñería de diseño de ARM no Reino Unido desde 2015. As súas investigacións céntranse en aritmética computacional (aritmética de punto flotante, algoritmos e arquitecturas, funcións elementais, criptografía, aritmética precisa, aritmética decimal) e arquitectura computacional (memoria transaccional, unidades funcionais, arquitecturas manycore).

 

María Jesús Garzarán

Vogal

Experta na área de programación de arquitecturas paralelas e librerías de comunicacións a gran escala. Actualmente lidera a implementación da librería de comunicacións baseada en MPI para o supercomputador exascala para Argonne National Laboratory, USA. Tambien é a arquitecta de oneCCL, a librería de comunicacións colectivas utilizada para aplicacións de intelixencia artificial. Antes de traballar en Intel, María foi profesora investigadora na Universidade de Illinois en Urbana-Champaign.

Rui Carlos Oliveira

Vogal

Profesor asociado con habilitación no departamento de Informática da Universidade de Minho. É membro da Xunta Directiva de INESC TEC, director do Centro de Computación Avanzada de Minho e codirector do programa UT Austin Portugal. As súas principais contribucións en investigación son no campo dos algoritmos de comunicación epidémica e acordo distribuído tolerante a fallas e na concepción, desenvolvemento e avaliación de sistemas de bases de datos confiables.

Javier Rodríguez Fonollosa

Vogal

Enxeñeiro de telecomunicacións e profesor da Universidade Politécnica de Cataluña. Foi o coordinador do Consolider-Ingenio 2010 COMONSENS, no que participaron máis de 135 investigadores pertencentes a 10 universidades. Desde 2010 ata 2014 coordinou a área de Tecnoloxías Electrónicas e da Comunicación do Plan Nacional de Investigación do MINECO.

Andrea Rodríguez Tastets

Vogal

Vicerreitora de Investigación e Desenvolvemento, e profesora titular do Departamento de Enxeñería Informática e Ciencias da Computación da Universidade de Concepción, Chile. As súas áreas de investigación inclúen bases de datos espazo-temporal e recuperación de información. Actualmente é parte do consello asesor presidencial de Ciencia, Tecnoloxía, Coñecemento e Innovación para o Desenvolvemento e do consello de modernización de estado. Foi parte do comité de expertos para a elaboración da Estratexia Nacional en Intelixencia Artificial . Exerceu de 2020 a 2022 como presidenta da Comisión Asesora de Investigación do Consello de Universidades Chilenas CRUCH.

Miguel Toro Bonilla

Vogal

Catedrático do departamento de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade de Sevilla. Foi director da Oficina de Transferencia de Resultados de la Investigacións (OTRI) da Universidade de Sevilla e desempeñou o cargo de director xeral de Investigación, Tecnoloxía e Empresa da Junta de Andalucía. Foi presidente da Sociedade Científica Española de Informática (SCIE). É colaborador de diversas axencias autonómicas e estatais na avaliación de proxectos de I+D+i, institutos de investigación e da actividade investigadora en xeral.