CITIC


"La imaginación es la facultad del descubrimiento.
Es lo que penetra en los mundos nunca vistos a nuestro alrededor,
los mundos de la ciencia"


Ada Lovelace

DEMOSTRADOR TECNOLÓXICO

O Demostrador Tecnolóxico do CITIC é unha sala destinada á divulgación da actividade investigadora, de innovación e de transferencia realizada no centro. Aquí expóñense os resultados de proxectos de investigación en distintos estados de desenvolvemento, como prototipos, probas de concepto, produtos en fase de comercialización e material didáctico creado con fins divulgativos sobre iniciación á robótica, electromagnetismo e programación visual. 

O Demostrador Tecnolóxico é un espazo singular, único en Galicia, que contribúe á formación de estudantes e persoal investigador nas últimas tendencias en TIC. Creouse co fin de axudar á diseminación do coñecemento xerado e a difusión destas tecnoloxías á contorna social e económica. Así, trátase dunha sala de exposición que mostra ao público proxectos de investigación significativos desenvolvidos no CITIC, onde ademais se pode interactuar con diferentes tecnoloxías. 

Algúns dos proxectos que se exhiben actualmente son: unha aplicación de visión por computador para o diagnóstico de patoloxías oculares, contornas de realidade virtual para a rehabilitación de persoas con discapacidade, tecnoloxías de posicionamento de obxectos en interiores, un sistema de monitorización de aforro enerxético, un robot educativo desenvolvido integramente por persoal investigador do CITIC e unha réplica dun supercomputador a través duns sistemas compostos por oito Raspberry Pis. 

A creación desta sala foi cofinanciada pola Universidade da Coruña, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Consello Social da Universidade da Coruña. 

Contacto

Contacto para a reserva de visitas

Comunicación e Divulgación - comunicacion.citic@udc.gal

VISITA VIRTUAL