CITIC

COMITÉ ASESOR EXTERNO

O Comité Asesor Externo (Scientific Advisory Board, SAB) é un órgano consultivo externo formado por científicos de especial relevancia a nivel internacional nas principais áreas de coñecemento do CITIC. Designado polo Comité de Dirección co asesoramento do Comité Científico, o seu principal obxectivo é o de proporcionar asesoramento na avaliación dos programas de investigación do centro, as súas políticas científicas e o seu progreso no medio plazo.

Francisco Tirado Fernández

Presidente

Catedrático de Arquitectura e Tecnoloxías de Computadores no departamento de Arquitectura de Computadores e Automática da Universidade Complutense de Madrid. Entre os cargos que desempeñou destacan: coordinador da ANEP e xestor do Plan Nacional de I+D, vicerreitor de Investigación e director do Centro de Supercomputación da Universidade Complutense de Madrid e director do Parque Científico de Madrid.

Petia Radeva

Secretaria

Experta no campo do procesado de imaxe e intelixencia artificial. Catedrática do departamento de Matemáticas e Informática da Universidade de Barcelona, directora do grupo de investigación “Visión por Computador e Aprendizaxe Automática”, coordinadora do Laboratorio de Computación Percepcional (BCNPCL) da Universidade de Barcelona e directora do Laboratorio de Imaxe Médica (MILab) do Centro de Visión Computacional.

Antonio Bahamonde Rionda

Vogal

Catedrático da Universidade de Oviedo da área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial. A súa actividade investigadora centrouse na aprendizaxe automática. Ocupou diversos cargos de xestión en asociacións científicas e foi presidente da Asociación Española para a Intelixencia Artificial (AEPIA) e vicepresidente da Sociedade Científica Informática de España (SCIE). Actualmente é coordinador da ANEP da área de Ciencias da Computación e Tecnoloxía Informática. 

Aurélio Campilho

Vogal

Profesor do departamento de Enxeñería Electrónica e Informática da Universidade de Oporto e coordinador do Centro de Investigación en Enxeñería Biomédica (C-BER) do Instituto de Sistemas e Enxeñería de Computación, Tecnoloxía e Ciencia (INESC TEC). As súas liñas de investigación céntranse nas áreas de enxeñería biomédica, análise de imaxes médicas, así como o procesamento de imaxes e visión computarizada. É presidente do ICIAR (International Conference on Images Analysis and Recognition).

Asunción Gómez Pérez

Vogal

Vicerreitora de Investigación, Innovación e Doutoramento e catedrática da Universidade Politécnica de Madrid. Entre as súas áreas de investigación inclúense a enxeñería ontolóxica, a web semántica, os datos enlazados, o multilingüismo en datos e a xestión do coñecemento. É académica da Real Academia Española desde abril de 2022.

Nuria Oliver

Vogal

Enxeñeira de telecomunicacións e doutora polo Media Lab do MIT (Massachusetts Institute of Technology). É directora de investigación en Ciencia de Datos en Vodafone, Chief Data Scientist en Data Pop Alliance, IEEE Fellow, ACM Fellow e académica numeraria da Real Academia de Enxeñería de España. As súas investigacións céntranse en modelos computacionais de comportamento humano, intelixencia artificial, informática móbil e big data.

Javier Rodríguez Fonollosa

Vogal

Enxeñeiro de telecomunicacións e profesor da Universidade Politécnica de Cataluña. Foi o coordinador do Consolider-Ingenio 2010 COMONSENS, no que participaron máis de 135 investigadores pertencentes a 10 universidades. Desde 2010 ata 2014 coordinou a área de Tecnoloxías Electrónicas e da Comunicación do Plan Nacional de Investigación do MINECO.

Miguel Toro Bonilla

Vogal

Catedrático do departamento de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade de Sevilla. Foi director da Oficina de Transferencia de Resultados de la Investigacións (OTRI) da Universidade de Sevilla e desempeñou o cargo de director xeral de Investigación, Tecnoloxía e Empresa da Junta de Andalucía. Foi presidente da Sociedade Científica Española de Informática (SCIE). É colaborador de diversas axencias autonómicas e estatais na avaliación de proxectos de I+D+i, institutos de investigación e da actividade investigadora en xeral. 

Emery Neal Brown

Vogal

Estatístico, neurocientífico e anestesiólogo. Profesor de Anestesia na Escola de Medicina de Harvard e no Hospistal Xeral de Massachusetts, onde é anestesiólogo. No MIT é profesor de Enxeñería Médica e de Neurociencia Computacional, director asociado do Instituto de Enxeñería e Ciencia Médica e director do Programa de Ciencias da Saúde e Tecnoloxía Harvard-MIT.

Javier Díaz Bruguera

Vogal

Catedrático de Computación da Universidade de Santiago de Compostela e responsable de enxeñería de diseño de ARM no Reino Unido desde 2015. As súas investigacións céntranse en aritmética computacional (aritmética de punto flotante, algoritmos e arquitecturas, funcións elementais, criptografía, aritmética precisa, aritmética decimal) e arquitectura computacional (memoria transaccional, unidades funcionais, arquitecturas manycore).

 

Rui Carlos Oliveira

Vogal

Profesor asociado con habilitación no departamento de Informática da Universidade de Minho. É membro da Xunta Directiva de INESC TEC, director do Centro de Computación Avanzada de Minho e codirector do programa UT Austin Portugal. As súas principais contribucións en investigación son no campo dos algoritmos de comunicación epidémica e acordo distribuído tolerante a fallas e na concepción, desenvolvemento e avaliación de sistemas de bases de datos confiables.