CITIC

CONSELLO REITOR

O Consello Reitor é o órgano superior do goberno do CITIC. Algunhas das competencias máis relevantes do Consello Reitor son aprobar o programa xeral de actividades do centro, aprobar o seu plan estratéxico e o seu orzamento, así como articular programas que reciban achegas do sector público e do sector privado. 

Presidente  

Reitor da Universidade da Coruña desde 2016. Presidente da Comisión Sectorial da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas CRUE-Xerencias. Presidente da CIXUG e de FEUGA. Catedrático en Microbioloxía, licenciado en Ciencias Biolóxicas en 1978 e doutor no ano 1986 pola Universidade de Santiago de Compostela

Vogal 

Actual secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia. Profesor titular de universidade da área de Organización de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela. Foi decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC no Campus de Lugo. 

Vogal 

Alcaldesa do Concello da Coruña, licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Formou parte do Claustro da UDC, participando na comisión redactora dos Estatutos e foi membro do seu Consello de Goberno. Antes de tomar posesión como concelleira e ser a primeira alcadesa da cidade, dedicou a súa vida profesional ao exercicio da avogacía. 

Vogal 

Vicerreitor del Política Científica, Investigación e Transferencia da Universidade da Coruñla. É catedrático da área de Estatística e Investigación Operativa da universidade e membro do grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estadística (MODES). Na actualidade, como vicerreitor, é presidente da Fundación CITIC de Galicia.

Vogal 

Adxunta a transferencia no Vicerreitorado de Política, Científica, Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña e profesora da área de enxeñería nuclear da devandita universidade. As súas liñas de investigación céntranse na eficiencia enerxética, a xestión enerxética de plataformas in cloud, alertas automáticas e industria intelixente. 

Vogal

Director do CITIC e catedrático da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña. É coordinador do grupo de investigación de Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns (VARPA) da UDC, grupo pertencente tamén ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC). 

Secretario

Subdirector do CITIC e titular de universidade da área de Radioloxía e Medicina Física da Universidade da Coruña. Coordinador do grupo de investigación Tecnoloxía Aplicada á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde (TALIONIS). É tamén coordinador do Máster Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde da UDC e director da Cátedra Handytronic-Grupo Telecon da UDC.