O CITIC é un centro de investigación creado en 2008 que potencia o avance e a excelencia en I+D+i aplicada ás TIC. Impulsado pola Universidade da Coruña, o CITIC é un punto de encontro entre a Universidade e a empresa en que conflúen departamentos de I+D de empresas do sector TIC con investigadores procedentes do ámbito universitario.
No ano 2016, o CITIC recibe o distintivo de “Centro singular de investigación de Galicia” 2016-2019. É o único centro TIC de Galicia recoñecido con este distintivo, cofinanciado pola Xunta de Galicia e mais pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. En 2019 renova esta acreditación, pasando a denominarse “Centro de Investigación do Sistema Universitario de Galicia” 2019-2022. (ver máis)