CITIC

EMPREGO

Todo aquel que se incorpora ao CITIC, xa sexa como investigador ou como persoal do mesmo, intégrase nun centro de investigación no que prima o talento, un centro internacional e dinámico onde pode desenvolver a súa carreira a nivel nacional e internacional.

O noso éxito nace das persoas excepcionais que constitúen os nosos equipos. O CITIC establece co seu personal un compromiso: captar, reter e motivar aos mellores profesionais, ofrecéndolles o mellor lugar onde traballar, asegurando a igualdade de oportunidades, a non discriminación, promovendo oportunidades de desenvolvemento profesional e o equilibrio entre a vida laboral e familiar.