CITIC

INSTALACIÓNS

O CITIC conta con dous edificios modulares e intelixentes cunha superficie de 3.200 m2 distribuídos en andares diáfanos configurables para o desenvolvemento de actividades de I+D e onde se sitúan empresas e persoal investigador.

EDIFICIO CITIC 1

Planta baixa

Sala BIT: Sala de reunións para investigadores.

Sala Network: Área de traballo para investigadores.

Sala Showroom: Espazo dedicado á demostración da actividad investigadora realizada no CITIC.

Cafetería: Espazo de cafetería
e comedor para usuarios do CITIC.

Planta 1

Sala Core: área de traballo do persoal de xestión do CITIC.

Sala Pixel: área de traballo do persoal de xestión do CITIC.

Sala Cloud: Sala destinada á organización de eventos, conferencias e actividades formativas.

Sala Connect: Sala de reunións dos órganos de dirección do CITIC.

Planta 2

Sala Clúster: Área de traballo para investigadores.

EDIFICIO CITIC 2

Área de empresas: O edificio CITIC 2 conta con 10 espazos para aloxar empresas do ámbito TIC coas que se colabora puntualmente no desenvolvemento de proxectos de I+D+i e outras accións conxuntas.

Centro de Proceso de Datos (CPD): Dispón de equipamento actualizado e heteroxéneo tanto a nivel hardware como software sobre o que se realizan probas, pilotos, demostradores e despregamentos pre-comerciais.