CITIC

fciticg

FUNDACIÓN CITIC DE GALICIA

A Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia (FCITICG) é unha entidade sen ánimo de lucro e de dereito privado cuxo fin é contribuír ao fortalecemento, potenciación, crecemento e mellora da competitividade do sector TIC galego.

Obxetivos:

Fomento da excelencia na investigación e na transferencia de tecnoloxía.

Produción, promoción, asesoramento e divulgación do coñecemento no campo TIC.

Formación de persoal experto.

A constitución da FCITICG en novembro de 2015 responde a unha iniciativa de aunar ás principais entidades do sector TIC galego nunha institución que conecte as capacidades de tódolos axentes implicados.

MISIÓN

VISIÓN

A FCITICG ten como misión transferir os resultados da investigación xerados polos diferentes proxectos de I+D+i que xestiona ao tecido produtivo de Galicia e por extensión á súa sociedade.

A FCITICG aspira a ser unha institución de referencia que sirva de instrumento para conectar as capacidades das principais entidades públicas e privadas do sector TIC galego, establecendo relacións permanentes en I+D+i entre os seus membros.

PATRONOS

O Padroado é o órgano de goberno, representación e administración da Fundación CITIC de Galicia, segundo o establecido nos seus estatutos. Estrutúrase a partir dun padroado mixto que integra:

11 empresas, principalmente do sector TIC, que operan en Galicia.

2 colexios profesionais de enxeñeiros informáticos de Galicia (CPEIG, CPEITG). O Concello de A Coruña e a Universidad da Coruña (UDC).

O Clúster TIC Galicia, que agrupa a meirande parte das empresas TIC galegas.

ACCESO PATRONOS