ACCIÓNS DESTACADAS
ÚLTIMAS NOVIDADES

A análise de datos do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal
O proxecto europeo GRESINT, unha iniciativa liderada por SOGAMA, desenvolveu solucións innovadoras para mellorar a xestión dos residuos coa participación do CITIC da UDC

O CITIC celebra o trixésimo noveno almorzo TIC Talk cunha charla sobre autenticación e privacidade nos grupos de mensaxería
O CITIC da Universidade da Coruña celebrou este martes, 24 de novembro, o trixésimo noveno almorzo TIC Talk.
Nesta ocasión, o encontro contou coa participación de David Soler García, quen impartiu a charla “Autenticación e privacidade nos grupos de mensaxería: Por que sempre preguntan “Quen es?”, e nunca Que tal estás”?”

O CITIC da UDC participa nas xornadas de capacitación do proxecto HIPA sobre sensórica do movemento e intelixencia artificial
Javier Pereira Loureiro, Paula de Santos e Isabel Tuñas participaron nas xornadas de capacitación celebradas en Valladolid, no marco dunha iniciativa que busca achegar a sensórica do movemento e a intelixencia artificial aos profesionais sanitarios e sociosanitarios
IMPULSAMOS A I+D APLICADA ÁS TIC
Áreas de investigación
Catro áreas de investigación principais: Intelixencia Artificial, Ciencia e Enxeñaría de Datos, Computación de Altas Prestacións, Servizos e Redes Intelixentes, e unha área de investigación transversal: Ciberseguridade.
Proxectos I+D
Consulta os proxectos nos que participa o CITIC.
Eventos
Consulta os principais eventos organizados polo CITIC (congresos, xornadas…).
No ano 2016 a Xunta de Galicia acredita ao CITIC como Centro Singular de Investigación de Galicia. En 2019 renova esta acreditación e pasa a denominarse Centro de Investigación do Sistema Universitario de Galicia.