CITIC

ÁREAS DE INVESTIGACIÓN

A actividade científica do CITIC estrutúrase en catro áreas de investigación principais, Intelixencia Artificial, Ciencia e Enxeñaría de Datos, Computación de Altas Prestacións e Servizos e Redes Intelixentes; e mais unha área de investigación transversal a todas elas, a de Ciberseguridade.

Todas as áreas de investigación teñen asociadas unhas prioridades científicas e unhas liñas de investigación, seleccionadas con base nas capacidades científicas dos investigadores e nas tendencias en materia de políticas de I+D+i europeas e nacionais.