CITIC

SERVIZOS E REDES INTELIXENTES

As grandes capacidades que o CITIC posúe nesta área, tanto a nivel hárdware como sóftware, reflíctense na capacidade de transferencia da investigación ao sector produtivo, especialmente no campo da industria 4.0. que se está a materializar a través de múltiples contratos de I+D con empresas líderes do seu sector.

As prioridades que se integran nesta área son:

Comunicacións sen fíos 5G: esta prioridade fai referencia á quinta xeración de comunicacións celulares que van supor un significativo aumento de rendemento con respecto ás actuais redes 4G. As novas velocidades de transmisión habilitarán o vídeo de ultra alta definición nos dispositivos móbiles, ao tempo que permitirá aos operadores ofreceren novos servizos e aplicacións. Por outra banda, 5G vai utilizar un maior número de bandas de frecuencias, tanto as baixas como as altas frecuencias. Aínda que polas súas propiedades de propagación as frecuencias por debaixo de 30Ghz van seguir sendo as preferidas para proporcionar conectividade de área ampla e ubicua, 5G vai considerar ondas milimétricas por enriba de 30Ghz como complemento cando sexan necesarias taxas de transmisión moi altas ou despregamentos con alta densidade de usuarios.

Liñas de investigación:

  • Estudo de métodos de transmisión e recepción híbridos dixitais analóxicos en sistemas MIMO masivo de banda larga en mmWave.
  • Optimización de sistemas MIMO de tecnoloxía TMA (Estafe Modulated Array) que fai uso de conmutadores de RF en lugar de Variable Phase Shifters (VPS).
  • Estimación e xestión do CSI (Channel State Information) en sistemas MIMO masivo.
  • Estudo da capa de enlace en sistemas 5G, con especial interese en escenarios de mobilidade (trens, drones…).

Conectividad dos objetos (Internet das cousas – IoT): a internet das cousas estende a conectividade a internet aos dispositivos e obxectos da nosa vida cotiá. Grazas a iso, os dispositivos IoT poden ser aplicados en ámbitos tan diversos como a domótica, as cidades intelixentes, a agricultura de precisión, a monitorización remota da saúde de pacientes ou o control do estado de maquinaria industrial. A investigación actual enfócase na evolución das mencionadas tecnoloxías: en como conseguir optimizar a eficiencia enerxética dos dispositivos IoT, nos sistemas de comunicacións de longo alcance e baixa potencia, no aseguramento de dispositivos computacionalmente limitados ou no deseño de arquitecturas de comunicacións que permitan garantir a recollida e procesamento rápido de grandes cantidades de datos nun futuro onde haberá miles ou millóns de dispositivos interactuando de xeito simultáneo dentro un sistema IoT.

Liñas de investigación:

    • Deseño e implementación de aplicacións IoT para diversos campos (domótica, eficiencia enerxética, agricultura de precisión, sistemas de localización, healthcare)
    • Sistemas de comunicacións de alta seguridade e baixo consumo para dispositivos embebidos
    • Sistemas de comunicacións LP-WAN para aplicacións IoT
    • Arquitecturas IoT de baixa latencia (edge computing, fog computing, mist computing, cloudlets)
    • IoT para infraestruturas críticas e da industria 4.0
    • Arquitecturas IoT descentralizadas de alta redundancia baseadas en DLT (Distributed Ledger Technologies) como blockchain
    • Smart buildings
    • Smart Cities
    • Unmanned Aerial Vehicles
    • Sistemas de identificación, localización e monitorización de persoas, obxectos e ferramentas para diversos escenarios, tanto en interiores como en exteriores, incluíndo ambientes industriais da IIoT (Industrial IoT)
    • Sistemas de interacción natural co usuario baseados na integración de dispositivos de sensorización no ámbito
    • Modelos semánticos para a abstracción do acceso a dispositivos IoT heteroxéneos
    • Redes de sensorización distribuída tolerantes a fallos

Comunicacións vehiculares e sistemas de transporte intelixente: os sistemas intelixentes de transporte son sistemas que aplican as TIC ao ámbito do transporte, incluída as infraestruturas, os vehículos e os usuarios, e á xestión do tráfico e da mobilidade, así como nas interfaces entre modos de transporte.

Liñas de investigación:

    • Caracterización experimental e modelado de canle radio en ámbitos vehiculares.
    • Simulación e validación de redes de comunicacións vehiculares, con especial énfase en sistemas de control ferroviario e vehículos aéreos tripulados remotamente.
    • Desenvolvemento de solucións de comunicacións IoT para vehículos co obxectivo de recompilar grandes volumes de datos de sensores dispoñibles nos vehículos e subilos á nube.
    • Sistemas de posicionamento de vehículos non tripulados, incluídos vehículos tripulados remotamente por aire (UAV, Unmanned Aerial Vehicles), terra (robots, carretas) e mar (condución de barcos en diques).
    • Desenvolvemento de técnicas e tecnoloxías para a visualización de datos recollidos en sistemas intelixentes de transporte, tanto para a toma de decisións en liña utilizando procesamento de fluxos de datos, como para a realización de analítica visual dos datos almacenados en repositorios espazo-temporais.