CITIC
foto de grupo

A Asociación Grupo de Mayores de Telefónica de A Coruña visita o CITIC

23/02/2023 – CITIC

O CITIC recibiu esta mañá un grupo de 20 membros da Asociación Grupo de Mayores de Telefónica da Coruña. Tras unha breve exposición das liñas de actividade do CITIC, os asistentes puideron coñecer algúns exemplos de proxectos do ámbito da robótica, como o Robobo, deseñado integramente por persoal investigador do CITIC, ou o NAO, robot que conta con diversos mecanismos e sensores para realizar todo tipo de movementos e tarefas.

A continuación, o grupo visitou o CPD (Centro de Procesado de Datos) do CITIC e o laboratorio de Realidade Virtual e Localización, no que se lles mostrou o funcionamento do OptiTrack, sistema de captura de movementos baseado en cámaras, e un guindastre de pórtico que calcula o posicionamento exacto de obxectos en interiores.

Posteriormente, coñeceron o Laboratorio de Impresión 3D, integrado por impresoras de extrusión de plástico, resina e de fusión de po.

A visita finalizou na sala Demostrador Tecnolóxico onde se realizou unha demostración de contornas de realidade virtual destinados á rehabilitación de persoas con discapacidade.