CITIC

A investigadora do CITIC Nieves Pedreira, de estancia no KMi (Knowledge Media Institute) da Open University

10/05/2023 - CITIC
A investigadora do CITIC Nieves Pedreira Souto atópase actualmente de estancia no KMi (Knowledge Media Institute) da Open University en Milton Keynes (UK), con financiamento do CITIC. Antes de finalizar dita estancia, o mércores 24 de maio de 2023 ás 12:00 no Podio KMi (Edificio Berrill, 4ª planta Norte), impartirá unha charla denominada “Improving Immersive Civic Engagement with Politics”. Dito coloquio encádrase dentro das múltiples presentacións que ofrece o KMi ao convidar e animar a relatores externos a presentar as súas propostas de investigación. 
 
“Dar forma ás propias posicións políticas antes dunhas eleccións xerais é unha tarefa común pero moi complexa para calquera cidadán dunha sociedade democrática; e está pobremente soportada polas tecnoloxías CSCW existentes hoxe en día. Propoñemos un método e un sistema alternativos que seguen os principios da intelixencia colectiva e permiten mellorar a comprensión e as predicións colectivas, a partir da agregación e a análise de interaccións individuais dinámicas”; este é o resumo principal da charla que se poderá seguir a través da web oficial do KMi.