CITIC

A Facultade de Informática da UDC será a sede da Olimpíada Informática Española 2025

20/03/2024 - CITIC
  • Trátase dun concurso de programación informática onde compiten estudantes de Ensinanza Secundaria, Bacharelato e Grao Medio de toda España.  
  • A Universidade da Coruña toma o relevo á Escola Técnica Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Sevilla onde se celebrou a pasada fin de semana a XXVIII edición do evento coa participación de dous galegos.  

A Olimpíada Informática Española 2025 celebrarase o vindeiro ano na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (FIC) tal e como se deu a coñecer esta fin de semana no transcurso da XXVIII edición deste concurso, no que compiten estudantes de Ensinanza Secundaria, Bacharelato e Grao Medio de todo o país. Ao respecto, o presidente do Consejo General de Colegios Profesionales de Ingienería de Informática (CCII) e do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez, afirmou que “é unha honra recibir na Coruña ao talento que marcará o futuro da innovación e o progreso do nosos país. Na olimpíada, mozos e mozas únense e colaboran para lograr a excelencia na resolución de problemas do pensamento computacional”. 

Un total de 40 finalistas clasificados nas olimpíadas das súas respectivas comunidades autónomas participaron na edición 2024, na que dous galegos, Hugo Domínguez (do IES Saturnino Montojo de Ferrol) e Hugo Rey (do CPR Manuel Peleteiro) recibiron un diploma pola súa participación.  

Máis información en www.olimpiada-informatica.org