CITIC

A Fundación everis presenta a 20º edición dos premios eAwards, nos que colabora o CITIC

06/05/2021 – CITIC

A Fundación everis presentou os Global eAwards 2021, a vixésima edición dos antes coñecidos como Premios everis. O CITIC colabora nestes galardóns que teñen o obxectivo de premiar proxectos emprendedores no ámbito da tecnoloxía. A través de convocatorias nacionais en España, Arxentina, Bélxica, Brasil, Chile, Colombia, Holanda, Italia, Perú, Portugal e Reino Unido, estes premios buscan os mellores proxectos emprendedores baseados en tecnoloxías de alto impacto, innovadoras, escalables, sostibles, que contribúan a mellorar a calidade de vida ou solucionen problemas ambientais a través de modelos de negocio dixitais ou do uso intensivo da tecnoloxía.

A mellor iniciativa dos once países participantes de Europa e América Latina representará ao seu país na final internacional dos Global eAwards. A proposta gañadora obterá un premio de 60.000 € e optará a un programa de aceleración integral.

A Fundación everis naceu hai 20 anos co obxectivo de fomentar o talento, estimular o emprendemento e impulsar a innovación, buscando que a tecnoloxía sexa unha ferramenta esencial que xere valor en todos os países onde están presentes.

A convocatoria española dos eAwards está aberta ata o próximo 21 de xuño.

Máis información e inscrición