CITIC
Elena-Hernandez

A investigadora Elena Hernández Pereira imparte un taller no Ciber.gal 2021

16/11/2021 – CITIC

A investigadora do CITIC Elena Hernández Pereira e o profesor da Universidade de Vigo Juan Carlos Burguillo Rial impartiron o pasado 10 de novembro o taller “Detección, identificación e análise de ameazas en redes e aplicacións” no Ciber. gal 2021. O taller estivo destinado a estudantes do SUG (Sistema Universitario Gallego) e Formación Profesional co obxecto de captar talento en ciberseguridad. Centrouse en revisar as principais ameazas de malware (software malicioso) existentes, a forma de previlas, identificalas e neutralizalas. Para complementar as explicacións sobre as técnicas de detección e eliminación de ameazas, presentáronse varios casos de estudo prácticos utilizando ferramentas de código libre que os asistentes instalaron e probaron durante a sesión.

O Cyber. gal 2021 celebrouse os pasados 10 e 11 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago e estivo organizado por CIBER. gal, nodo galego de Ciberseguridad e no que colaborou a cátedra interuniversitaria R en ciberseguridade da UDC e a UVigo.

O evento contou con talleres, charlas divulgativas e paneis de debates. Tivo como finalidade achegar valor á ciberseguridad, trasladar o coñecemento na seguridade da información, impulsar a industria da ciberseguridad, e fomentar a creación de talento.