11/02/2021 – CITIC
A investigadora do CITIC Sara Guerreiro impartiu un taller online no CEIP Agro do Muíño de Bertamiráns con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, dentro do programa “Recoñéceas” promovido por La ciencia es femenino. A charla tivo lugar o 9 de febreiro e estivo dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.
A asociación La ciencia es femenino traballa para dar visibilidade ás científicas en Galicia e achegar a ciencia a toda a sociedade, aportando referentes femininos en diferentes áreas da ciencia. Así, no marco do proxecto “Recoñéceas” realizaranse 25 talleres en centros educativos de primaria e secundaria nos que 25 científicas desenvolverán actividades co alumnado.