CITIC
Lucía Ramos

A nosa investigadora Lucía Ramos impartirá mañá un taller tecnolóxico sobre Visión Artificial no marco da inciativa Mática

28/10/2021 – CITIC

A investigadora do CITIC Lucía Ramos impartirá mañá o obradoiro tecnolóxico “Introdución á Visión Artificial” no marco da iniciativa Mática. Está destinado a nenas e adolescentes de 12 a 18 anos e celebrarase en formato híbrido, a través da plataforma Zoom e de forma presencial na Facultade de Informática (FIC) da UDC, na aula 2.7 de 18:00 a 20:00 horas. As inscricións poderán realizarse a través da seguinte páxina web: https://obradoiros-matica.eventbrite.es 

O programa Mática, organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), conta coa colaboración das tres universidades galegas. A iniciativa ten a finalidade de potenciar o interese pola ciencia e a tecnoloxía, así como promover vocacións tecnolóxicas e crear unha comunidade de nenas e adolescentes de 12 a 18 anos en Galicia que lles permita desenvolver as súas competencias no ámbito TIC.