A PROTECCIÓN DO SOFTWARE. DEREITOS DE AUTOR E PATENTES
27/02/2019
O 27 de febreiro a sala Cloud do CITIC acollerá a xornada informativa “A protección do software. Dereitos de autor e patentes”, organizada pola OTRI da UDC xunto co CITIC, en colaboración coa Oficina Española de Patentes e Marcas.
Os principais obxectivos desta xornada son dar a coñecer as posibilidades de protección do software dende un punto de vista legal e estratéxico e impulsar o uso da información de patentes no mundo universitario.
A irrupción das novas tecnoloxías nos mercados tradicionais supón un cambio substancial, onde o software configúrase como o activo de numerosos negocios dixitais. Por outra banda, a protección dos coñecementos xurdidos da investigación é cada vez máis valorada (resultados transferibles ás empresas, sexenios de investigación, etc.), polo que esta xornada pode ser unha referencia á hora de definir as estratexias de actuación dos grupos de investigación da UDC.
A xornada está dirixida a investigadores do CITIC, membros da comunidade universitaria e empresas colaboradoras.
A inscrición é gratuita e pode formalizarse ata o 25 de febreiro ás 14:00 horas a través do seguinte formulario.
Máis información da xornada, nesta ligazón.
PROGRAMA
- O software como obxecto de protección: dereitos de autor e patentes.
- A protección como patente: límites establecidos pola lei 24/2015.
- Interpretación da expresión “como tal” nos programas de computador e outras excepcións de patentabilidade.
- O procedemento de concesión na Lei 24/2015.
- Apreciación da actividade inventiva: método MPS.
- Identificación de características técnicas: exemplos e recomendacións.
- Reivindicacións do tipo medios + función.
- Reivindicacións relativas a contornas distribuídas.
- Novas directrices de exame de solicitudes de patente na OEPM.
- Outros servizos de interese da OEPM.
- DESCARGAR RELATORIO
- Propiedade Intelectual, Depósito Notarial, Creative Commons, Software Libre, Segredo Industrial…
- Patentes de Invencións que involucran programas de computador:
- Práctica da Oficina Europea de Patents (EPO).
- Práctica da Oficina Estadounidense de Patentes e Marcas (USPTO).
- DESCARGAR RELATORIO