CITIC

Aberta a convocatoria aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2020

09/03/2020

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) convocan a sexta edición dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2020, que teñen o obxectivo de recoñecer o traballo do persoal investigador e dos/as empresarios/as que apostan pola transferencia de coñecemento como base para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Os premios convócanse en tres modalidades:

  • Premio “Francisco Guitián Ojea”, a un traballo de investigación aplicada. Recoñece o éxito dun grupo de investigación na creación dunha tecnoloxía aínda non transferida e da que se deriven claras aplicacións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.
  • Premio “Fernando Calvet Prats” a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía promovido por un grupo de investigación. O premio irá destinado ao grupo de investigación creador da tecnoloxía transferida con máis éxito ao sector empresarial. 
  • Premio “Ricardo Bescansa Martínez” a un caso de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida. Concederaselle á empresa que acredite a mellor implantación de tecnoloxía transferida desde un grupo de investigación galego.

O prazo para a presentación de candidaturas está aberto ata o 30 de abril.

Máis información