CITIC

Aberta a convocatoria dos Premios Sociedade de Estatística e Investigación Operativa - Fundación BBVA 2021

24/03/2021 – CITIC

A Sociedade de Estatística e Investigación Operativa (SEIO) e a Fundación BBVA convocaron a segunda edición dos premios SEIO-Fundación BBVA, destinados a recoñecer as achegas científicas máis innovadoras e influíntes en estatística e investigación operativa. Estes galardóns teñen o obxectivo de incentivar o traballo dos mellores investigadores nestas áreas e de impulsar a proxección das disciplinas ao conxunto da sociedade.

Os premios están dirixidos a investigadores en estatística e investigación operativa de nacionalidade española, ou doutra nacionalidade que realicen o seu traballo de investigación nunha universidade ou centro científico de España.

Nesta convocatoria concederanse un máximo de cinco premios, cada un coa dotación bruta de 6.000 euros, todos eles na modalidade de achegas pioneiras e influíntes na investigación, a escala internacional, en estatística e investigación operativa.

O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o 5 de maio de 2021.

Máis información