CITIC

Aberto o prazo de inscrición no curso de verán sobre o “Redeseño da Paisaxe Nocturna”

08/07/2024 - CITIC
  • O CITIC acolle esta acción formativa os próximos 23 e 24 de xullo 

A Coruña, 8 de xullo de 2024.- Abriuse o prazo de inscrición para participar no curso de verán “Novas ferramentas e tecnoloxías para o redeseño da paisaxe nocturna como axente de transformación urbana”, que promove a UDC en colaboración coa Asociación Slowlight. Este curso realizarase os días 23 e 24 de xullo de 2024 no CITIC e xorde do compromiso da Universidade da Coruña coa iniciativa Slowlight, asinada o 5 de marzo de 2021, que ten como obxectivo promover unha iluminación responsable e reducir a contaminación lumínica.  

O curso está dirixido a un público amplo, incluíndo estudantes de diversas titulacións universitarias, profesionais do sector público e privado e persoas interesadas no deseño urbano e a sustentabilidade. As inscricións pódense realizar a través da páxina web da UDC ata o próximo 18 de xullo. 

Programa e estrutura 

O curso estrutúrase nun único módulo desenvolvido en dous días e está deseñado con criterios de excelencia no seu programa académico e relatores. Inclúe talleres innovadores, un paseo nocturno e conferencias inspiracionales impartidas por destacados expertos nacionais.  

Iluminación nocturna, intelixente e saudable  

A paisaxe nocturna das nosas cidades foi historicamente descoidado, o que resultou en problemas de sobreiluminación que afectan a saúde humana e os ecosistemas. Este curso aborda estes desafíos, promovendo o uso dunha iluminación nocturna intelixente, saudable e eficiente. Slowlight busca unha nova cultura de iluminación aliñada cos obxectivos da axenda urbana 2020-2030, favorecendo a transición enerxética e o uso responsable dos recursos. 

O programa completo pode descargarse aquí.

Más información e inscricións: https://udcxest.udc.gal/xest/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=3466