CITIC

Aberto o prazo de recepción de abstracts do VI Congreso XoveTIC, que se celebrará o 5 e 6 de outubro

31/05/2023 - CITIC

O VI Congreso XoveTIC organizado polo CITIC, unha cita referencial para dar visibilidade ao talento tecnolóxico das novas xeracións de investigadoras e investigadores, celebrarase os días 5 e 6 de outubro de 2023 no CITIC e na Facultade de Informática da UDC.

Desde o pasado 29 de maio e ata o 23 de xuño está aberto o prazo de recepción de abstracts. As contribucións presentadas ao congreso poderán ser orixinais ou traballos adaptados xa presentados noutros foros, e todos os traballos que se acepten serán publicados nun libro de actas.

Entre todas as comunicacións orais presentadas, concederanse premios en metálico aos traballos mellor valorados por parte do Comité Científico, atendendo á súa calidade, excelencia e orixinalidade.

Máis información: https://xovetic.citic.udc.es/