CITIC

Aberta a convocatoria ao II Premio Talgo á Excelencia Profesional da Muller na Enxeñaría

06/03/2020

A Fundación Talgo lanzou a convocatoria da segunda edición do Premio Talgo á Excelencia Profesional da Muller na Enxeñaría, dirixido a mulleres de referencia que consigan grandes logros e recoñecementos na organización na que se desenvolven profesionalmente no ámbito da Enxeñaría. Así, este galardón busca premiar a enxeñeiras que fomentan as vocacións STEM entre as mulleres.

O premio é de ámbito nacional e ten como obxectivo contribuír a superar a barreira da desigualdade social existente entre homes e mulleres en España, así como fomentar e valorar a relevancia e importancia da muller tanto na enxeñaría, como na Industria, recoñecéndose tamén o seu traballo e dedicación.

O prazo de inscrición está aberto ata o 31 de marzo.

Máis información