CITIC

Aberta a convocatoria ERC-2020-Advanced Grant

18/05/2020

O Consello Europeo de Investigación (ERC) publicou a convocatoria Advanced Grant, que ten o obxectivo de dar apoio a proxectos de investigación excelentes e altamente innovadores de calquera campo das ciencias, liderados por investigadores sénior con polo menos 10 anos de experiencia que desenvolvan o traballo nun dos Estados Membros da UE ou dos países asociados.

O investigador principal da ERC Advanced Grant deberá ter un historial de logros de investigación significativos nos últimos 10 anos, que o identifiquen como líder no seu campo de investigación. Os proxectos terán unha duración máxima de 5 anos e un financiamento de ata 2,5 millóns de euros.

Esta convocatoria está aberta ata o 26 de agosto de 2020, sendo a última convocatoria dentro do Programa Horizon 2020, e prevense outorgar 209 proxectos.

Debido á complexidade que supón preparar unha proposta competitiva para esta convocatoria, a Oficina Europea organiza dous talleres online sobre “Como preparar unha proposta Advanced Grant 2020 exitosa”: