Acto de peche da segunda edición do proxecto Talentos Inclusivos
O venres 17 de xuño a partir das 10:30 h presentaranse os resultados da segunda edición do proxecto Talentos Inclusivos no salón de actos do edificio da Facultade de Socioloxía e da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC. Os equipos participantes no proxecto presentarán as solucións tecnolóxicas desenvolvidas ao longo do curso escolar, que teñen a finalidade de mellorar a calidade de vida de persoas con parálise cerebral. Preto de 200 estudantes de secundaria e bacharelato de 10 centros educativos da provincia da Coruña, xunto con usuarios de ASPACE Coruña, tomaron parte nesta segunda edición da iniciativa que busca espertar vocacións tecnolóxicas entre a xuventude e, á súa vez, sensibilizar sobre a diversidade funcional.
Talentos Inclusivos está posto en marcha polo CITIC e ASPACE Coruña e conta co apoio do Consello Social da UDC, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello da Coruña.
PROGRAMA
10:30 – 11:10 h.- Apertura:
- Salvador Naya Fernández, vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC.
- Jesús Celemín Santos, concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego do Concello da Coruña.
- Mª Eugenia Pérez Fernández, subdirectora xeral de Innovación, Orientación e Formación de Recursos Humanos da Xunta de Galicia.
- Rosa Capeáns Garrido, directora do departamento de Cultura Científica e da Innovación da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).
- Jesús Spósito Prado, secretario do Consello Social da UDC.
- Carmen Barreiro Santos, presidenta de ASPACE Coruña.
11:10 – 12:50 h.- Presentación de resultados do proxecto.
Moderan: Javier Pereira, investigador principal do proxecto, e Iria Robles, coordinadora do proxecto en ASPACE Coruña.
- 11:10 – 11:20 h.- IES Miraflores de Oleiros
Reto: Ramplas de accesibilidade en impresión 3D portátiles.
- 11:20 – 11:30 h.- Colexio Calasanz PP. Escolapios da Coruña
Reto: Comunicador en contorna Scratch que interactúa con Alexa.
- 11:30 – 11:40 h.- IES Terra de Trasancos de Narón
Retos: Dado electrónico con Arduino con carcasa con impresora 3D e licornio en impresión 3D.
- 11:40 – 11:50 h.- IES de Ortigueira
Reto: Timbre inalámbrico adaptado para avisar ao coidador
- 11:50 – 12:00 h.- IES Sofía Casanova de Ferrol
Retos: Timbre inalámbrico adaptado, mando a distancia de TV adaptado, adaptación de videoxogo Tetris e creación de mando para o mesmo, e xogo de luces para traballar a mobilidade.
- 12:00 – 12:10 h.- IES Agra do Orzán da Coruña
Retos: Xogo de luces para traballar a mobilidade e mesturador de dados con premedor.
- 12:10 – 12:20 h.- IES Ramón Menéndez Pidal – Zalaeta da Coruña e CEE Ntra. Sra. de Lourdes
Retos: Dominó con tamaño adaptado, relevo e contraste de cor para persoas con baixa visión e elementos de ocio-musical controlados por sensores.
- 12:20 – 12:30 h.- IES As Mariñas de Betanzos
Retos: Mesa de luz sensorial con premedor adaptado e dominó con tamaño adaptado, relevo e contraste de cor para persoas con baixa visión.
- 12:30 – 12:40 h.- IES David Buján de Cambre
Reto: Impresión 3D e produtos de accesibilidade para o ordenador e a tablet.
- 12:40 – 12:50 h.- IES Rego de Trabe de Culleredo
Reto: Téxtil intelixente. Comunicador que envía mensaxes en resposta a estímulos.
12:50 – 13:00 h.- Clausura.
- Manuel F. González Penedo, director do CITIC.
13:00 – 14:00 h.- Aperitivo (Cafetería da Facultade de Economía e Empresa da UDC).