Alejandro Mayorga explora a aprendizaxe automática cuántica aplicada á medicina do soño nos Almorzos TIC Talk
Este martes 28 de outubro tivo lugar unha nova edición dos Almorzos TIC Talk, o ciclo de conferencias organizado polo CITIC da Universidade da Coruña, que nesta ocasión contou co relatorio de Alejandro Mayorga Redondo titulada “Quantum Machine Learning applied to signal processing in sleep medicine”.
Durante a sesión, Mayorga abordou como a combinación de Intelixencia artificial e Computación Cuántica está a dar lugar a unha nova disciplina cun gran potencial: a aprendizaxe automática cuántica (Quantum Machine Learning). Esta tecnoloxía preséntase como unha ferramenta de gran potencial para a análise dos complexos sinais fisiolóxicos rexistradas durante o soño, un ámbito crave dentro da medicina do soño.
O relator explicou que técnicas como a polisomnografía, que rexistran sinais eléctricos e motores do paciente ao longo da noite, xeran grandes volumes de datos cuxa interpretación pode beneficiarse do uso de modelos cuánticos. Na súa intervención, presentou os modelos desenvolvidos, os resultados obtidos ata o momento e as liñas de traballo futuras da súa investigación.
A investigación de Alejandro Mayorga enmárcase no proxecto “New Generation Machine Learning Algorithms for the Analysis of Medical Sleep Recordings (NEXT-GEN-SOMNUS)”, centrado no desenvolvemento de novos algoritmos de aprendizaxe automática para a análise de rexistros médicos do soño.
Máis información sobre o proxecto en: https://next-gen-somnus.github.io/