CITIC
Lab localización

Alumnado do ES Miño de Rábade coñece o CITIC

12/01/2023 – CITIC

Esta mañá o CITIC recibiu a visita dun grupo de estudantes de 3º da ESO e 1º de bacharelato do IES Río Miño de Rábade.

A sesión comezou no Demostrador Tecnolóxico, onde o responsable da unidade de Sistemas do CITIC, Alejandro Mosteiro, mostroulles os diferentes ámbitos de aplicación das investigacións realizadas no centro, principalmente nos ámbitos de robótica.

Posteriormente, os estudantes puideron coñecer o CPD (Centro de Procesado de Datos) do CITIC e o laboratorio de Realidade Virtual e Localización, neste último realizouse unha demostración de localización en interiores para coñecer o funcionamento do Optitrack, un sistema de captura de movemento baseado en cámaras.

A visita finalizou cunha demostración de contornas de realidade virtual destinados á rehabilitación de persoas con discapacidade.