CITIC
20211217_134945

Alumnado do programa Espazo Compartido visita o CITIC

20/12/2021 – CITIC

Este venres 17 de decembro, un grupo de 17 alumnos e alumnas do programa Espazo Compartido visitou o CITIC. Xunto coa directora do programa e investigadora do CITIC, Thais Pousada, a profesora e investigadora Betania Groba, e outras catro docentes, coñeceron o Demostrador Tecnolóxico do centro.

O responsable da unidade de sistemas, Alejandro Mosteiro, e o investigador Adrián Xuíz fixeron unha demostración dalgúns dos proxectos expostos na sala nos ámbitos da realidade virtual, a realidade mixta e a robótica. En concreto, os estudantes puideron probar escenarios virtuais desenvolvidos desde o CITIC dirixidos a colaborar na rehabilitación de persoas con diversidade funcional. 

Espazo Compartido é un programa promovido pola Universidade da Coruña para a empregabilidade e o fomento da inclusión laboral de mozas con discapacidade cognitiva. Trátase dun proxecto que nace coa pretensión de abrir o espazo universitario a colectivos que non poden acceder ás canles de formación ordinarias.