Alumnos do IES O Mosteirón de Sada visitan o CITIC
26/03/2019
Esta mañá visitaron o CITIC un grupo de alumnos de 4º de ESO do IES O Mosteirón de Sada. Mañá mércores farano alumnos de 3º de ESO do mesmo instituto.
Durante o día de hoxe, os alumnos visitaron os tres centros de investigación da Universidade da Coruña: o CITEEC, o CICA e o CITIC.
No CITIC, o subdirector do centro, Javier Pereira, recibiunos e ofreceu unha pequena presentación sobre o CITIC. Posteriormente, os investigadores Paula Fraga, Lucía Ramos e Óscar Blanco expuxeron o proxecto colaborativo Concordance sobre a prevención de colisións para UAVs utilizando técnicas de Deep Learning e sensórica optimizada. Ademais, tamén fixeron unha demostración de voo do dron que crearon para o proxecto.
Por outra banda, os investigadores Alberto Alvarellos e Ignacio Fraga presentaron o proxecto colaborativo Treboada, no que se utilizan técnicas de predición de precipitacións mediante sensores de baixo custo e aprendizaxe máquina. Así, os asistentes puideron coñecer o funcionamento dun sensor de predición de precipitacións na cuberta do CITIC.