CITIC
Alumnos del Grado en Ingeniería informática conocer los laboratorios de Realidad Virtual y Captura de movimiento del CITIC

Alumnos do Grao en Enxeñería informática coñecen os laboratorios de realidade virtual e captura de movemento do CITIC

27/04/2023 – CITIC

Aproximadamente uns 70 alumnos do 4º curso do Grao en Enxeñería Informática da UDC visitaron parte das instalacións do CITIC os pasados días 17, 19 e 24 de abril.  

Os estudantes, que cursan as materias de “Contornos Inmersivos, interactivos e de entretemento” e de “Computación gráfica e visualización” puideron coñecer as posibilidades e experimentar o uso dos laboratorios de realidade virtual, realidade aumentada, sistema de captura de movemento e sistema captivo de movemento do CITIC.  

O profesor das materias, Julián Dorado, detallou os fundamentos, tecnoloxías e necesidades computacionais implicadas en cada unha destas tecnoloxías que son aplicadas a diferentes campos como a industria 4.0, a educación, a medicina, a discapacidade e o lecer con exemplos desenvoltos dende o propio centro.