29/11/2021 – CITIC
A investigadora do CITIC Amparo Alonso ofrece este luns 29 de novembro o webinar “É tan intelixente a intelixencia artificial?” no marco dos Diálogos Ikerbasque. No relatorio, a investigadora fará unha reflexión sobre as ameazas e oportunidades que supón a intelixencia artificial, xunto co investigador de Ikerbasque e director do Instituto de Gobernanza Democrática, Daniel Innerarity. A charla estará moderada polo director científico de Ikerbasque, Fernando Cossío.
Ikerbasque, a Fundación Vasca para a Ciencia, promove os seus Diálogos Ikerbasque, que se constitúen como un ciclo de webinars nos que se abordan diferentes aspectos de interese na ciencia da man de expertos e expertas de diversos ámbitos.
O webinar “É tan intelixente a intelixencia artificial?” terá lugar este luns 29 de novembro ás 17:00 h.