CITIC

Amparo Alonso participa no ciclo “Ciencia en feminino”, impulsado por GCiencia e a Deputación de Pontevedra

11/03/2021 – CITIC

A investigadora do CITIC Amparo Alonso, participa no ciclo “Ciencia en feminino”, que promoven GCiencia e a Deputación de Pontevedra durante o mes de marzo. Este ciclo aborda a situación da carreira investigadora en clave de xénero no marco da pandemia e a precariedade no sector.

Amparo Alonso intervén na mesa redonda sobre políticas de visibilidade das referentes científicas, que ten lugar este xoves 11 de marzo. Presentada pola xornalista Begoña Márquez, tamén participan a presidenta do nodo en Galicia da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT-gal), Ana Jesús López Díaz; a responsable de Igualdade da Universidade de Vigo, Águeda Gómez; e a presidenta da Deputación provincial de Pontevedra, Carmela Silva.

Esta xornada e todas as actividades dentro do ciclo desenvolveranse de forma telemática e aberta sen necesidade de inscrición. Poderán seguirse en streaming aberto a través de gciencia.gal e nas súas plataformas de Facebook e Youtube.

Máis información