CITIC
mes_ciencia

Amparo Alonso participa na presentación do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Autonómicas

03/11/2021 – CITIC

Amparo Alonso participou o pasado 2 de novembro na presentación do Mes da Ciencia en Galego, que tivo lugar na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela. Ademais, a investigadora do CITIC foi a encargada de redactar o manifesto desta iniciativa, no que destacou a calidade da ciencia galega e a importancia da lectura en todas as etapas da vida, poñendo de relevo o papel das bibliotecas como espazos que garanten o acceso libre á información e ao coñecemento.

No acto de presentación tamén estiveron presentes o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

O Mes da Ciencia en Galego celebrarase durante o mes de novembro en todos os centros bibliotecarios xestionados pola Xunta de Galicia. Está previsto que se celebren preto de 40 actividades divulgativas para todos os públicos, como espectáculos teatralizados, obradoiros de robótica e contacontos.

Descargar programa