CITIC

Amparo Alonso participa nunha xornada sobre transformación dixital organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia

24/11/2020 – CITIC

A investigadora do CITIC Amparo Alonso participará o próximo 25 de novembro na xornada “Un mundo híbrido, analóxico e dixital, é a ‘Nova Realidade’. TIC e Transformación Dixital”, organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia.

Este evento híbrido tratará de poñer en valor a necesidade da transformación dixital para a recuperación económica e a importancia de realizar unha análise dos pasos a seguir, xa que algúns informes sinalan que apenas a cuarta parte das organizacións viron repercutir positivamente a transformación tecnolóxica nos seus resultados.

Amparo Alonso participará na mesa redonda “Nesta nova realidade, non hai futuro sen innovación tecnolóxica e transformación digital. En todos os sectores. Como o estamos facendo en Galicia?”, xunto ao presidente do Clúster TIC e CEO de Cinfo, Antonio Rodríguez Del Corral; o director xeral de Gradiant, Luis Pérez Freire; e a CEO e cofundadora de Forensic & Security y DF Tools, Pilar Vila.

Máis información