CITIC

Amparo Alonso recibe o Premio Gallegos del Año 2020

18/01/2021 – CITIC

A investigadora do CITIC Amparo Alonso foi galardoada co Premio Gallegos del Año 2020 outorgado por El Correo Gallego, que celebra a súa trixésimo primeira edición. Estes premios buscan recoñecer ás persoas máis destacadas de Galicia.

Segundo indica El Correo Gallego, as persoas galardoadas son elixidas por medio millar de cidadáns de diferentes ámbitos sociais e profesionais que son consultados en cada edición. Este ano, a cerimonia de entrega foi aprazada debido ao COVID-19.

A investigadora Amparo Alonso foi unha das galegas destacadas nesta edición. É catedrática de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña e presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial (AEPIA). Tamén forma parte do Consello Asesor de Intelixencia Artificial, responsable do asesoramento ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital no deseño da proposta das políticas do Goberno en materia de Intelixencia Artificial.

Máis información