CITIC

Amparo Alonso, relatora nunha sesión sobre IA en cancro organizada polo Parlamento Europeo

26/05/2021 – CITIC

A investigadora do CITIC e presidenta da AEPIA, Amparo Alonso, participa este xoves 27 de maio na sesión “Unlocking the potential of artificial intelligence in cancer research and care”, organizada polo Special Committee on Beating Cancer (BECA) do Parlamento Europeo en colaboración co Special Committee on Artificial Intelligence in a Digital Age (AIDA).

Trátase dunha audiencia pública que poñerá de relevo o uso da intelixencia artificial na investigación e atención do cancro e o medicamento oncolóxico, analizando as súas implicacións e perspectivas futuras, da man de 8 expertos líderes no campo. Amparo Alonso participará no panel 1, que abordará as experiencias da IA na obtención de imaxes, a detección e o diagnóstico do cancro.

A conferencia poderá seguirse online a través da web do Parlamento Europeo.