CITIC
SISTEDES

Ángeles Saavedra: “Promoveremos as canles de Sistedes cos socios e co resto da sociedade e abriremos outras novas para reforzar a comunicación co persoal investigador máis novo”

10/10/2022 – CITIC

A investigadora do CITIC Ángeles Saavedra foi nomeada recentemente vogal de Comunicación da Sociedad de Ingeniería de Software y Tecnologías de Desarrollo de Software (Sistedes). Unha responsabilidade que afronta coa “idea de promover as actuais canles de comunicación  que ten a entidade cos e coas socias e co resto de sociedade (boletín, redes sociais, web…) e abrir outras novas para reforzar a comunicación co persoal investigador máis novo”.  

Ángeles Saavedra recorda que Sistedes creouse no ano 2005 e dende entón “ten traballado e contribuído ao desenvolvemento científico e tecnolóxico e á transferencia na área da enxeñaría do software e as tecnoloxías de desenvolvemento do software”. Porén, recorda que nesta nova etapa “hai retos que afrontar que a comisión permanente ten moi ben detectados”.

Esta nova comisión está integrada polas seguintes persoas:

Presidencia: Ernest Teniente, catedrático da Universitat Politècnica de Catalunya.
Vicepresidencia: Elena Navarro, catedrática da Universidad de Castilla-La Mancha.
Secretaría: Juan Manuel Murillo Rodríguez, catedrático de la Universidad de Extremadura.
Tesourería: Alicia Villanueva, profesora titular de la Universitat Politècnica de València (UPV).
Comunicación: Ángeles Saavedra Places, titular da Universidade da Coruña.
Gestión de socios: Javier Troya, titular da Universidad de Málaga.