CITIC
1

Arrincan no CITIC os Almorzos TIC Talk

29/03/2022 – CITIC

Este martes 29 de marzo deu comezo unha nova iniciativa organizada pola comisión de formación do CITIC, consistente nun ciclo de reunións dirixidas a membros do CITIC que se atopan nas primeiras etapas da súa carreira investigadora, pensadas para compartir a investigación que se realiza no centro nun ambiente informal. Os Almorzos TIC Talk terán unha periodicidade mensual e buscan potenciar a transversalidade e promover posibles colaboracións entre o persoal investigador.

A primeira sesión foi a cargo de Alberto Manzano, que falou sobre computación cuántica, e Cristina Pelayo e Francisco Pérez, que comentaron o seu traballo no ámbito do 3D Artist.

Os membros da comisión de formación, Álvaro Leitao e David Vilares, presentaron a iniciativa xunto co subdirector Javier Pereira, e deron paso a Alberto Manzano, que explicou os principios básicos da computación cuántica e, máis en concreto, o seu traballo centrado na creación de estratexias para reducir o erro probabilístico en computación. A continuación, Cristina Pelayo e Francisco Pérez mostraron o proceso de creación 3D e a aplicación dos desenvolvementos no ámbito da mobilidade autónoma.

Para finalizar, o director do CITIC, Manuel F. González Penedo, agradeceu a súa presenza a todas acódelas asistentes e animou a participar nos próximos encontros, que se celebrarán o último martes de cada mes.